martes, 13 de diciembre de 2016

PAROLE NERE..."O GATIPEDRO"

O Gatipedro de Alvaro Cunqueiro

O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro; o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga polo seu corniño, e o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela soña que mexa, e de verdade mexa na cama. Pra espantar ó gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto e ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademais de nas catro patas, na língua e, probando coista o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nuturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.

Álvaro Cunqueiro:Novidades do mundo e fauna máxica


Na Coruña hai unha praza moi famosa que ten unha fonte cunha escultura do Gatipedro, trátase da Praza do Humor!