martes, 12 de julio de 2016

PAROLE NERE..."LIBROS EN GALLEGO PARA ESTE VERANO"

LIBROS EN GALLEGO


“O ANXO NEGRO” MANUEL GAGO
A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi devotos.
A investigación emprendida polo capitán, xunto cos veciños da parroquia, levaraos a transitar pola trama dun sistema corrupto e a descubrir os incribles vínculos da talla cun dos instantes decisivos da historia de Europa.
Unha novela trepidante coa que Manuel Gago se mergulla nas raíces profundas da cultura popular galega.



“O ESPELLO DO MUNDO” RAMÓN NICOLAS

Martiño recibe o encargo de desentrañar os contidos duns documentos de moita antigüidade que teñen que ver co devir histórico dun convento de monxas denominadas «onas». Neles emerxe Ona Guiomar, a abadesa de San Pedro de Ramirás, que mantén unha enigmática correspondencia co estranxeiro.
O espello do mundo, primeira novela de Ramón Nicolás, presenta un feitío de novela histórica, incorporando textos de orixe documental, que por veces son pura fabulación e outras non, ao servizo do deseño dunha época esvaecida na historia de Galicia que cobra, agora, unha nova perspectiva.
A conexión coa trama histórica, enraizada no cenobio feminino de San Pedro de Ramirás (Ourense), vincúlase, ideolóxica e espiritualmente, con determinadas correntes relixiosas da Alemaña da época e particularmente coa figura de Hildegarda von Bingen. A esta realidade asómase Martiño, quen deberá afondar na revelación dos segredos que se atesouran nunha relación epistolar inédita con contidos altamente reveladores.



“TODO CANTO FOMOS” XOSÉ MONTEAGUDO

Unha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles.


“VIAXE A ULTIMA REVOLUCION” XERARDO AGRA FOXO

A viaxe que conta este libro comeza o 3 de novembro do ano 2014 en Lavacolla e remata trinta e un días despois no aeroporto internacional da Habana.



“GALERIA DE SALDOS” DIEGO GIRALDEZ

En cada un dos relatos de Galería de saldos mestúranse as vidas de personaxes cotiáns, protagonistas de calquera crónica de actualidade, con obras de arte orixinais ou reproducións baratas. Un mondrian nun edredón, un maruja mallo nunha bolsa de pan. A arte, igual que as traxectorias dos que fracasan, tamén pode quedar fóra de contexto. É doado identificarse con calquera dos personaxes do libro porque están aí, na sección de sucesos dun xornal, sentados no bar de sempre. Son superviventes dunha crise que os obriga a crer que teñen mala sorte. Caen enfermos. Padecen desamor, violencia e frustracións. Galería de saldos é unha homenaxe aos antiheroes en bata de casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario