miércoles, 21 de febrero de 2018

PAROLE NERE..."HOMENAJE A UNA GRAN MUJER, ANTÍA CAL"


“Este camiño que fixemos xuntos”



EDITORIAL: galaxia

EDICIÓN: 2006

SINOPSE:


Relato vital dunha muller galega do século XX. Co mesmo estilo narrativo con que contaba películas e comentaba a actualidade a un alumnado engaiolado, a metade de camiño entre un guión de cine e os contos ao pé da lareira, Antía Cal fainos percorrer en Este camiño que fixemos xuntos o relato vital dunha muller galega do século XX.
Nestas páxinas repásanse soños, proxectos compartidos, crónica dos amigos, lembranzas felices e momentos duros, mais sempre coa ilusión de quen sabe que o camiño é posible e moi fermoso para facelo cos demais.





ANTÍA CAL

Antía Cal Vázquez naceu na Habana nunha familia de emigrantesorixinaria de Muras (Lugo). 

A os nove anos voltou a Galicia, estudou o bacharelato, fíxose mestra e licenciouse en Xeografía e Historia no ano 1945. 

Casada con Antón Beiras, galeguista de esquerdas avant la lettre e oftalmólogo. 




Co apoio do seu home e o dos seus pais fundou en 1961 o Colexio Rosalía de Castro de Vigo. 

O “Rosalía” foi, en Galicia, un foco de irradiación progresista das novas tendencias pedagóxicas, baixo a inspiración do colectivo catalán Rosa Sensat, que encabezaba Marta Mata.

No hay comentarios:

Publicar un comentario