“Os
Kowa”
Autor: Xavier
Queipo
Editorial: Galaxia
Edición: 2016
Premio Blanco Amor 2015
Sinopsis:
Velaquí unha novela de aventruas que
comeza en Europa (Bruxelas, Compostea, Copenhague) para continuar co pano de
fondo da selva amazónica. Partindo dunha casualidade, a descubierta nun
catálogo de bolboretas tropicais dun espécime de Callitaera aurora, Xavier
Queipo escribe un texto de celebración da aventura, da busca da identidade,
dese lugar privativo que é o noso lugar no mundo. O narrador é un científico
naturalista que, logo de iniciar unha viaxe equinoccial, se atopa perdido no
medio do mato, nunha selva inzada de perigos mais tamén de descubertas
existenciais.
Conforme avanza o relato, as
reflexións íntimas do protagonista van deixando un pouso entrópico que nos
devolve ao paraíso perdido, á selva enigamática, ao labirinto sen fío de
Ariadna salvador. Nesta novela, coa que obtivo o Premio Blanco Amor en 2015,
Xavier Queipo consegue un alento narrativo intenso e, ás veces, desacougante no
que se apalpa a soidade e a tensión dun home enfrontado ao seu destino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario