Mostrando entradas con la etiqueta #EditorialGalaxia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #EditorialGalaxia. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de abril de 2016

PAROLE NERE..."GRACIAS UNA VEZ MÁS A EDITORIAL GALAXIA POR ENVIARME ESTE LIBRO"

“Os Kowa”


Autor: Xavier Queipo

Editorial: Galaxia
Edición: 2016
Premio Blanco Amor 2015


Sinopsis:

Velaquí unha novela de aventruas que comeza en Europa (Bruxelas, Compostea, Copenhague) para continuar co pano de fondo da selva amazónica. Partindo dunha casualidade, a descubierta nun catálogo de bolboretas tropicais dun espécime de Callitaera aurora, Xavier Queipo escribe un texto de celebración da aventura, da busca da identidade, dese lugar privativo que é o noso lugar no mundo. O narrador é un científico naturalista que, logo de iniciar unha viaxe equinoccial, se atopa perdido no medio do mato, nunha selva inzada de perigos mais tamén de descubertas existenciais.


Conforme avanza o relato, as reflexións íntimas do protagonista van deixando un pouso entrópico que nos devolve ao paraíso perdido, á selva enigamática, ao labirinto sen fío de Ariadna salvador. Nesta novela, coa que obtivo o Premio Blanco Amor en 2015, Xavier Queipo consegue un alento narrativo intenso e, ás veces, desacougante no que se apalpa a soidade e a tensión dun home enfrontado ao seu destino.

jueves, 25 de febrero de 2016

PAROLE NERE..."AMOR É UNHA PALABRA COMO OUTRA CALQUERA"



Amor é unha palabra coma outra calquera...

amor e unha palabra coma outra calquera-francisco castro-9788498656671

Amor é unha palabra coma outra calquera... ou non.Carla, a protagonista desta novela, organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Carla, en definitiva, organiza a vida arredor de s eu home, pero, que acontece cando ese centro de gravidade un día colle a porta e marcha?, e que acontece se, ademais, un cadáver aparece dentro da casa para acabar de darlle a volta a todo? Unha novela de amor contra o amor. Porque amor é unha palabra coma outra calquera. Ou non.