miércoles, 18 de mayo de 2016

PAROLE NERE..."A PANTASMA DA CASA DA MATANZA"

"A pantasma da Casa da Matanza"





 Miro Villar

Ilustracións: Xosé Cobas

Editado por Biblos

Premio da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil do 2013.






Deliciosa obra inspirada na poesía de Rosalía de Castro, pero principalmente no poema “Negra sombra”. A Casa da Matanza é o nome da casa de Padrón na que Rosalía de Castro viviu os últimos anos, e que hoxe é museo. É un conto rimado dunha pantasma, á que lle gusta a música, a danza e a poesía. Un día coñece a Rosalía e que por iso decide quedar para sempre na Casa da Matanza, engaiolada coa musicalidade e o ritmo dos seus poemas. Todo o conto está acompañado das fermosas ilustracións de Xosé Cobas. Predominan as cores suaves, e segundo imos pasando as follas podemos deleitarnos co texto e as ilustracións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario